CELANOVA ACOLLE A SEGUNDA EDICIÓN DA FEIRA LARPEIRA

Depois do Sábado de Piñata…. a 2ª FEIRA LARPEIRA é a seguinte cita ineludible para gozar dunha fantástica xornada na vila de Celanova.

O claustro barroco do Mosteiro de San Rosendo é o espazo elixido para albergar a segunda edición deste evento gastronómico.

A feira, que terá lugar o 26 de marzo, último domingo do mes, e que abrirá de 11:00 a 20:00 contará con máis de 15 postos de panadería e repostería, queixos, licores, mel, embutidos e cervexa artesá entre outros e na que veciños e visitantes terán a ocasión de mercar produtos artesanais da máxima calidade e todo concentrado nun único espazo.

Dentro das actividades paralelas está previsto que haxa música en directo coa actuación da Banda de Gaitas de Celanova e o grupo de Pandereteiras Celavella, degustacións dos diferentes produtos nos postos e zona gastronómica. Os máis cativos tamén serán protagonistas da feira e poderán desfrutar dunha zona de xogoteca con xogos e animacións e todos os nenos que o desexen tamén poderán participar no taller infantil “Coa comida tamén se xoga” onde os máis peques poderán dar renda solta a súa creatividade elaborando produtos típicos de repostería para degustalos despois. O taller é gratuito e levarase a cabo ás 17:30 sendo a asistencia ao mesmo limitada polo que deberá realizarse reserva de praza.

O obxectivo é acadar que esta Feira Larpeira sexa un escaparate e mostrar a variedade gastronómica da Terra de Celanova.

CATÁLOGO FOTOGRÁFICO COMPRAENCELANOVA

Estamos de aniversario e queremos celebralo con todos vós
Xa estamos en decembro… e fai un ano, por estas mesmas datas, o portal web compraencelanova.com comenzaba a súa andadura.
Por iso queremos, no día de hoxe, compartir esta publicación tan esperada: O CATÁLOGO FOTOGRÁFICO COMPRAENCELANOVA.
Unha edición na que participaron un total de 98 establecementos pertencentes a compraencelanova e que, froito da colaboración entre eles, deron como resutado un material gráfico de 49 imaxes.
Con este catálogo pretendemos facer difusión e dar a coñecer un gran número de establecementos que forman parte de compraencelanova a través dun material gráfico único e novidoso.
Estas fotografías son un bo reflexo dunha boa parte do tecido comercial de Celanova tan importante para o desenvolvemento económico e social da comarca.
Esperamos que vos gusten.  [Descarga o catálogo]

Iº FEIRA DO STOCK EN CELANOVA Podes mercar de todo... e nun só día

O claustro barroco do Mosteiro de Celanova albergará a primeira edición da Feira do Stock, evento que contará coa presenza de 20 stands de comercios de diferentes sectores (moda e complementos, calzado, mobles e decoración, deportes, mercería-modista, óptica, electrodomésticos...) e na que veciños e visitantes terán a ocasión de mercar produtos de primeiras marcas, a un prezo moi reducido, e todo concentrado nun único espazo. O evento que nace con vocación de continuidade, como colofón comercial das festas do verán, terá lugar o vindeiro domingo 21 de agosto en horario de 11:00 a 20:00 horas e incluirá unha zona gastronómica, sesión vermú con degustación de viño e outros produtos, sorteos e obradoiros infantís. O obxectivo é que a Feira do Stock sexa un escaparate para promocionar a oferta local e a tradición comercial da vila.

NOVO COWORKING DE CELANOVA... UN LUGAR ONDE EMPRENDER

Se tes un proxecto empresarial e non sabes moi ben cómo enfocalo.

Se tes unha idea de autoemprego e non sabes por onde comezar a desenvolvela.

Se xa estás a traballar e queres encarar novos proxectos innovadores no teu negocio, na túa profesión ou no teu oficio, deberías “perder” 5 minutos en darlle unha lectura a esta novidade, pois terás ocasión de contar cun asesoramento profesional gratuíto para que ese proxecto empresarial, esa idea de autoemprego, esa posible cooperativa, esa reformulación do teu negocio actual poida mellorar.

Dende o próximo mes de setembro, no Auditorio Ilduara de Celanova terás a posibilidade de contar cun Centro Coworking no que todas esas incógnitas que te teñen paralizado porque hoxe non lle das atopado resposta, poderán ser despexadas por profesionais do asesoramento empresarial.

Entra no seguinte enlace:

https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/celanova/

... e verás que fácil é formular a túa inscripción.

Telo que facer antes do próximo día 15 de xullo. Non che ocupará moito tempo e, sobre todo, terás acceso a un asesoramento gratuíto adaptado ó teu propio tempo durante 5 meses para que o que hoxe é só unha idea de negocio se convirta nunha realidade.

Para calquera dúbida, podes achegarte polo Concello de Celanova ou enviar un email a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

CELANOVA SÚMASE Á CAMPAÑA INTERNACIONAL “QUERE O TEU MERCADO”, DE PROMOCIÓN DAS PRAZAS DE ABASTOS

Degustación de productos tradicionais así como promoción doutros novos serán os principais atractivos da xornada que terá lugar o próximo sábado, día 28, organizada en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio.

O Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez a través do portal web compraencelanova.com súmanse á campaña internacional de promoción dos mercados locais e prazas de abastos “Quere o teu mercado”.  Desta forma ámbalas dúas entidades pretenden destacar o papel da Praza de Abastos da vila como peza fundamental do comercio tradicional.

De tal xeito, o próximo sábado 28 de maio, en horario de 10:30 a 13:30 e con motivo da celebración do Día do Mercado en Galicia,a Praza de Abastos de Celanova acollerá diferentes actividades de promoción. Ademais das tradicionais degustacións dos produtos elaborados nos propios postos do Mercado, os antigos alumnos da especiaidade de repostería e confeitaría do obradoiro de emprego “Terras de Rosendo” realizarán promoción, degustación e venta dos produtos elaborados durante o seu período formativo. Todas aquelas persoas que se achegen ata o Mercado poderán degustar e adquirir a “Bica Tríscele”, o “Xadrez de San Rosendo en bombón de chocolate” e outros produtos vencellados á antiga tradición chocolateira e reposteira de Celanova.

Os obxectivos que se perseguen coa posta en marcha desta campaña son: resaltar os valores da compra local, a promoción dos produtos de proximidade e poñer en valor a calidade e profesionalidade das nosas praceiras.

Pola súa proximidade e situación estratéxica, a Praza de Abastos de Celanova pode volver xogar un valioso papel dinamizador e revitalizador do centro urbano onde se asenta e facilita a compra de alimentos frescos con toda a comodidade e sen necesidade de grandes desprazamentos.Mercar nela é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada e ademais foméntase o consumo de produtos galegos.

“Quere o teu mercado” (LoveYour Local Market), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola World Union of Wholesale Markets, e este ano conta coa participación de mercados de España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, Hong Kong e Estados Unidos.

Página 1 de 2